O Traballo Fin de Máster (TFM) é un traballo académico, persoal e orixinal, que se debe presentar en público e que é avaliado por un tribunal.
Trátase dun proxecto no que o estudante ten que mostrar os coñecementos adquiridos durante o mestrado. Debe concluír coa redacción dunha memoria escrita na que se describan un conxunto de explicacións, teorías, ideas, razoamentos, desenvolvementos ou deseños, sobre unha temática elixida polo estudante, e supervisada por unha persoa titora, que velará pola súa progresión e polo nivel de calidade. Non obstante, o TFM é responsabilidade única do aspirante ao título de máster.