Educational guide 2026_27
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Traballo Fin de Máster
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Traballo Fin de Máster Código V05M175V11304
Titulación
Máster Universitario en Ciberseguridade
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
12 OB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Herrería Alonso, Sergio
Correo-e sha@det.uvigo.es
Profesorado
Herrería Alonso, Sergio
Web http://moovi.uvigo.es
Descrición xeral O Traballo Fin de Máster (TFM) é un traballo académico, persoal e orixinal, que se debe presentar en público e que é avaliado por un tribunal.

Trátase dun proxecto no que o estudante ten que mostrar os coñecementos adquiridos durante o mestrado. Debe concluír coa redacción dunha memoria escrita na que se describan un conxunto de explicacións, teorías, ideas, razoamentos, desenvolvementos ou deseños, sobre unha temática elixida polo estudante, e supervisada por unha persoa titora, que velará pola súa progresión e polo nivel de calidade. Non obstante, o TFM é responsabilidade única do aspirante ao título de máster.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000