Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Seguridade en dispositivos móviles
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas con apoio das TIC O conxunto de profesores da materia proporcionará atención individual e personalizada aos alumnos e alumnas durante o curso, solucionando as súas dúbidas e preguntas. Así mesmo, o profesorado orientará e guiará ao alumnado durante a realización das tarefas que teñen asignadas nas prácticas con apoio das TIC. As dúbidas atenderanse de forma presencial ou telemática (durante as propias prácticas, ou durante o horario de titorías). O horario de titorías establecerase ao inicio do curso e publicarase na páxina web da materia. Fora dese horario, será preciso reservar as titorías mediante cita previa.
Lección maxistral O conxunto de profesores da materia proporcionará atención individual e personalizada aos alumnos e alumnas durante o curso, solucionando as súas dúbidas e preguntas. As dúbidas atenderanse de forma presencial e telemática (durante a propia sesión maxistral, ou durante o horario de titorías). O horario de titorías establecerase ao inicio do curso e publicarase na páxina web da materia. Fora dese horario, será preciso reservar as titorías mediante cita previa.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000