A avaliación farase mediante a presentación e defensa ante un Tribunal do traballo individual realizado polo alumno baixo a supervisión dun profesor da titulación, ou un profesor ou enxeñeiro alleo á Universidade, representado por un profesor da titulación.
Na avaliación, o Tribunal poderá ter en conta as opinións ou o informe razoado do profesor titor, así como aspectos como a calidade da presentación, a revisión da estado da arte, a calidade da proposta técnica, a novidade e relevancia dos resultados, a capacidade de iniciativa do estudante, etc.
Sistema de cualificacións: expresarase mediante cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente.
100
A1
B1 B5 B8 B11 B12
C17
Outros comentarios sobre a Avaliación
Uso de IA Xerativa
Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de intelixencia artificial xerativa (IAX). O seu uso débese realizar de forma ética, crítica e responsable. No caso de utilizar IAX, débese avaliar de forma crítica calquera resultado que proporcione, e verificar de forma coidadosa calquera cita ou referencia xerada. Así mesmo, é obrigatorio declarar o uso das ferramentas utilizadas.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000