Déixanse a discreción do alumnado dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua (por defecto) e
avaliación global. A avaliación continua consistirá na realización dun exame final escrito (40% da cualificación), no desenvolvemento dun proxecto práctico (30% da cualificación) e na resolución escrita de problemas e exercicios en tres entregas ao longo do curso (30% da cualificación). A avaliación global consistirá na realización dun exame final escrito (60% da cualificación) e no
desenvolvemento dun proxecto práctico (40% da cualificación). É preciso acadar 3.5 puntos sobre 10 no exame final escrito para superar a materia. No caso de non acadar este mínimo pero acadar ou superar os 5 puntos na cualificación total, a cualificación recibida será 4.5. O alumnado poderá renunciar á avaliación continua antes da terceira entrega de problemas e exercicios, informando ao profesorado sobre elo. Considerarase presentado todo aquel alumnado que se presente ao exame final escrito e/ou entregue o proxecto. Os que non superen a materia na oportunidade ordinaria da convocatoria dispoñen dunha oportunidade extraordinaria na que se voltarán a avaliar os seus coñecementos cun exame escrito e/ou avaliarase novamente o seu proxecto no caso de que se mellorase
ou modificase. Os pesos de cada unha das probas (exame e proxecto) serán os mesmos que no período
ordinario de avaliación conforme á modalidade que se elixira. A cualificación das probas só ten efecto no curso académico no que se obteñan, con independencia do itinerario
de avaliación escollido. |