Prácticas con apoio das TIC |
Durante estas clases, coa axuda dun simulador comercial de circuítos de microondas, o estudantado deseñará un prototipo circuital, entre aqueles descritos no temario. Este traballo completarase a través do traballo persoal tutorizado.
O alumnado disporá en Moovi de documentación e ficheiros de apoio a estas clases. Tamén se lle proporcionará información para obter unha licenza temporal do simulador de circuítos, grazas a un acordo de UVIGO co provedor do simulador.
Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8. |
Traballo tutelado |
Durante as prácticas TIC, e a través do traballo persoal, o estudantado será guiado na realización individual do deseño ideal dun prototipo circuital. Despois, implementará este deseño (noutro traballo tutelado) en tecnoloxía microstrip híbrida. O estudantado redactará un informe do traballo.
Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8. |
Traballo tutelado |
Durante as prácticas TIC, e a través do traballo persoal, o estudantado será guiado na realización individual e evaluación en simulación do deseño dun prototipo circuital en tecnoloxía microstrip. Despois, fabricará este prototipo e avaliará o seu rendemento experimental nas prácticas de laboratorio. O estudantado redactará un informe do traballo.
Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8. |