Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Deseño de Circuítos de Microondas e Ondas Milimétricas e CAD
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio O prototipo circuital en tecnoloxía microstrip (deseñado polo alumnado no prácticas TIC e o traballo persoal tutorizado) será fabricado (en tecnoloxía integrada híbrida) no laboratorio e medido utilizando a instrumentación de microondas adecuada.
Neste traballo avaliaranse as competencias CG1, CG4, CG8 e CE32.
20 B1
B4
B8
C32
Traballo tutelado O estudiantado deseñará, con axuda do simulador e avaliará as prestacións dun prototipo circuital ideal para un transceptor de microondas. Este traballo será individual. A súa avaliación realizarase: a través do deseño do circuíto, os resultados da súa simulación e o informe.
Neste traballo avaliaranse as competencias CG1, CG4, CG8 e CE32.
30 B1
B4
B8
C32
Traballo tutelado O estudantado realizará- de forma individual- un informe sobre un tema relacionado cun dos capítulos da materia. A avaliación deste traballo será realizada tendo en conta a calidade do informe, a presentación oral e as respostas as cuestións plantexadas durante a presentación.

Neste traballo evaluarase a adquisición das competencias CG1, CG4, CG8 e CE32.
10 B1
B4
B8
C32
Traballo tutelado O estudiantado deseñará, con axuda do simulador, en tecnoloxía híbrida microstrip e avaliará as prestacións dun prototipo circuital para un transceptor de microondas. Este traballo será individual. A súa avaliación realizarase: a través do deseño do circuíto, os resultados da súa simulación, a calidade do layout, e o informe.
Neste traballo avaliaranse as competencias CG1, CG4, CG8 e CE32.
40 B1
B4
B8
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia será impartida íntegramente en inglés, tanto na exposición oral como nas comunicacións escritas, así coma na documentación técnica e informes proporcionados.  


A)  Oportunidade Ordinaria:

 O traballo do estudiantado será avaliado mediante a realización dos 3 traballos tutelados e as prácticas de laboratorio: 
 1. O prototipo circuital: será avaliado o seu deseño ideal e os resultados da súa simulación (traballo tutelado 1, 30%); será avaliado o seu deseño microstrip (layout) e os resultados da súa simulación (traballo tutelado 2, 40%); a calidade do prototipo fabricado e as súas prestacións medidas (prácticas laboratorio, 20%). Todos estes traballos inclúen un informe que tamén será avaliado. En total, este traballo de deseño se corresponde co 90% da nota final da materia. 
 2. Informe e presentación oral, relacionado cun dos temas da materia: será avaliado o informe entregado, a súa presentación oral e as repostas ás preguntas plantexadas durante a presentación. Se corresponde co 10% da nota final da materia.

O alumnado que opte por Evaluación Global (opción disponible ata un mes antes da data do examen global), disporá de 4 semanas para: diseñar, fabricar (necesario para optar a unha calificación superior ao 80% da calificación total da asignatura), medir e avaliar prestacions e escribir un informe dun novo prototipo, suxerido por o profesorado. Este traballo puntúa ata o100% da calificación total da asignatura.

 B) Oportunidade Extraordinaria:
 

Quen asista ao 80% das horas presenciais, poderá optar a mellorar os seus traballos previos, con axuda das suxestións do profesorado, e presentalos de novo nesta oportunidade, onde serán novamente avaliados de forma similar. En caso contrario, dispondrá de 4 semanas para: deseñar, fabricar (obrigatorio para optar a unha calificación superior ao 80% da calificación total da materia), medir e avaliar prestacións e escribir un informe dun novo prototipo, suxerido polo profesorado. Este traballo puntúa até o 100% da calificación total da materia.

A convocatoria fin de carreira será avaliada de forma similar á Oportunidade Extraordinaria.

En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos realizados polo alumno, a cualificación final da materia será de suspenso (0) e o/a profesor/a comunicará á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000