Docencia de grupo A: Realizarase a través de clases online (síncronas ou asíncronas).
Docencia de grupos B: Realizarase a través de clases online (síncronas ou asíncronas). Proporcionarase aos alumnos descrición/explicación do traballo a desenvolver e resolveranse as súas dúbidas, de forma que, xunto á documentación e os ficheiros de apoio, así como a licenza do simulador e as tutorías individuais, poidan realizar o traballo asignado de forma autónoma non presencial.
O traballo tutelado correspondente á realización dun prototipo electrónico non incluirá as partes relativas a fabricación e medida do prototipo. Este traballo experimental será substituído pola realización dun informe adicional sobre outro tema da materia ou a realización dun deseño doutro circuíto. O traballo do prototipo corresponderá ao 75% da nota da materia, o informe/deseño adicional ao 15%.
Avaliación:
En Avaliación Continua:
Os traballos tutelados realizados serán avaliados a través dos informes escritos entregados, os resultados da simulación (no caso do deseño do prototipo ou do circuíto adicional) e a/as presentacion/é orais, as cales se realizarán online durante as clases de grupo B.
En Avaliación Única mediante Exámen Final:
O estudante disporá de 4 semanas para: deseñar, con axuda do simulador de circuítos, avaliar prestacións só en simulación e entregar un informe escrito dun prototipo circuital, suxerido polo profesor. Este traballo puntúa até o 80% da cualificación total da materia. Para a obtención do restante 20%, terá que realizar un informe escrito sobre un tema relacionado cun dos capítulos da materia. Para a realización deste informe disporá dunha semana. |