O alumnado que curse esta materia pode escoller
entre dous sistemas de avaliación: avaliación continua ou avaliación global.
O alumno debe comunicar ao profesor coordinador por correo electrónico a súa avaliación seleccionada un mes despois do inicio das clases. Avaliación continua (convocatoria ordinaria) A avaliación continua comprende a realización
ao longo do cuadrimestre dos apartados desagregados na táboa anterior. Cada un
dos bloques é de realización obrigatoria na modalidade de avaliación continua,
e para superar a materia debe lograrse un mínimo de 25 da nota asignada a cada
un dos apartados e a nota final acumulada entre o cinco apartados debe
superar polo menos o 50% da cualificación final. A proba de respostas curtas será tipo test e
realízase o día indicado no calendario oficial de exames. Respecto ao bloque de
probas prácticas (laboratorio), requírese para a súa evaluación da presentación
dun informe por práctica e alumno, feito de forma individualizada. Calqueira
evidencia de copia ou clonación dun informe suporá obter unha puntuación cero
na práctica relacionada. A avaliación continua supón a realización ao
longo de cuadrimestre do 100% das probas propostas. A non realización dalgunha destas probas implica a perda da avaliación continua e a cualificación final será SUSPENSO. Estas tarefas non son recuperables, é dicir,
se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten a obrigación
de repetilas e, así mesmo só serán válidas para o curso académico no que se
realicen. A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Máster (CAM) e estará dispoñible ao principio do cuatrimestre. Considérase que a materia está aprobada se a
nota acumulada é igual ou superior a 5. No caso de abandonar a modalidade de avaliación continua, a nota final será "SUSPENSO". Avaliación única (convocatoria ordinaria) Un alumno que non opte por avaliación
continua pode optar á cualificación máxima mediante o exame final, a realizar o día proposto no calendario oficial de exames, e constará
de tres partes: - Parte 1: realización das prácticas de
laboratorio e entrega de infórmes/memorias correspondentes (50% da nota
final). Requírese a presentación dun informe por práctica e alumno, feito de
forma individual. Calqueira evidencia de copia ou clonación dun informe suporá
obter unha puntuación cero na práctica relacionada. - Parte 2: proba de preguntas tipo test (35%
da nota final). - Parte 3: proba de resolución de problemas
(15% da nota final). Considérase que a materia está aprobada por
evaluación única se a nota acumulada é igual ou superior a 5. Avaliación de convocatoria extraordinaria
Para os alumnos que optaron pola avaliación
única, a nota será a do exame final que constará de tres partes: un exame
práctico (apto/non apto)(20%), unha proba de preguntas tipo test (40%) e unha proba
de resolución de problemas (40%). Considérase que a materia está aprobada en
segunda oportunidade se a nota acumulada é igual ou superior a 5. Avaliación de convocatoria de fin de carreira Constará dun exame de tres partes: un exame
práctico (apto/non apto)(20%), unha proba de preguntas tipo test (40%) e unha proba
de resolución de problemas (40%). Considérase que a materia está aprobada se a
nota acumulada é igual ou superior a 5. Código ético y plagiarismo En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |