Tema |
Subtema |
Tema 1: Introdución (1h) |
Introdución á materia. Obxectivos e planificación do curso. Conceptos básicos do deseño microelectrónico de circuítos electrónicos integrados (CI). |
Tema 2: Secuencias de fabricación de CIs (1h)
|
Introdución á fabricación de CIs. Tecnoloxía planar. Secuencia de fabricación de CIs en tecnoloxía CMOS. Estrutura dun transistor MOS. Exemplo de fabricación: inversor CMOS. Patrón de máscaras (layout). Regras tecnolóxicas de deseño. Metodoloxías e ferramentas de axuda ao deseño. |
Tema 3. Estrutura física de dispositivos básicos e estratexias de trazado (1h) |
Especificación da estrutura física dun transistor MOS. Especificación da estrutura física dunha resistencia. Especificación da estrutura física dun condensador. Estratexias para a realización de transistores con elevada relación de aspecto. Estratexias para transistores apareados. |
Tema 4. Topoloxías básicas para a amplificación de sinal (2h) |
Topoloxía en Fonte común. Topoloxía en drenador común. Topoloxía en porta común. Topoloxía Cascode. Amplificador Push_Pull. Exemplos de deseño físico.
|
Tema 5. Espello de corrente (3h) |
Fontes de corrente. Estrutura básica dun espello de corrente. Análise de funcionamento. Reposta en frecuencia. Topoloxía Cascode. Exemplos de deseño físico. |
Tema 6. Par diferencial (3h) |
Estrutura do Par Diferencial. Análise en continua. Análise en alterna. Especificacións e deseño da estrutura física dun amplificador diferencial con topoloxía autopolarizada. Relación de rexeitamento en modo común. Apareamento de transistores. Limitacións de slew rate. Exemplos de deseño físico. |
Tema 7. Amplificador operacional (2h) |
Amplificador operacional con dúas etapas. Parámetros de deseño. Amplificador de transconductancia (OTA). Exemplos de deseño físico. |
Tema 8. Preparación para a fabricación (2h)
|
Distribución de plano base. PAD e terminais. Formatos de especificación. Encapsulados. |
Práctica 1. Introdución ás ferramentas de deseño de circuítos integrados (2h) |
Introdución ás ferramentas de deseño de circuítos electrónicos analóxicos integrados. Exemplo sobre un espello de corrente. Simulación eléctrica. Deseño, comprobación (DRC) e extracción do deseño físico. |
Práctica 2. Deseño dun par diferencial autopolarizado (2h) |
Especificación eléctrica. Caracterización de parámetros de funcionamento DC. Caracterización de parámetros de funcionamento AC. |
Práctica 3. Deseño dun par diferencial autopolarizado II (2h) |
Especificación física. Comprobación de regras de deseño. Extracción do circuíto. Comprobación de funcionamento. |
Práctica 4. Deseño dun circuíto amplificador de transconductancia (2h). |
Especificación eléctrica. Especificación física. Comprobación de funcionamento. |
Práctica 5. Preparación para fabricación (2h). |
Para o circuíto obtido na práctica 4 realizar os pasos para crear a información necesaria para enviar a fabricación o circuíto. |