Parte da materia pode impartirse e avaliarse en inglés.
A documentación da materia atópase en inglés.
Os obxectivos que se perseguen con esta materia son:
- Coñecer os métodos de codeseño de aplicacións baseadas en microprocesadores encaixados en FPGAs.
- Coñecer os microprocesadores que se poden implementar nas FPGAs comerciais.
- Manexar as ferramentas "software" necesarias para o desenvolvemento de aplicacións encaixadas mediante FPGAs.
- Deseñar periféricos de aplicación específica e a súa conexión aos buses dos microprocesadores encaixados.
- Realizar sistemas dixitais de aplicación real con microprocesadores encaixados en FPGAs.