Os estudantes durante o curso participan en prácticas individuais ou
en grupo e realizan traballos individuais dentro da avaliación continua. A nota individual pode supor até un 30% da nota final. Na avaliación continua, a asistencia a prácticas é obrigatoria, aínda que non existe un mínimo de traballos presentados para obter cualificación. A avaliación continua constará adicionalmente dun exame escrito sobre os dous primeiros temas que suporá até un 30% da nota. Todos os estudantes deben realizar o exame final na data disposta polo centro, que constará nunha única proba para os estudantes en avaliación continua. Os estudantes que se presenten a avaliación global terán que facer ademáis unha proba equivalente ao exame parcial. Para aprobar a materia é necesario sacar un mínimo de 4 sobre 10 nos dous exames escritos. De non superarse ese mínimo, a máxima cualificación que se podría obter sería 4,9. A nota final
tanto na ordinaria como na extraordinaria, será a maior entre
a nota dos exames escritos e a
suma da nota de avaliación continua incluíndo a do exame final. Considerarase presentado a toda persoa matriculada nesta materia que reciba calquera dos dous exames escritos. A avaliación na convocatoria fin de carreira será similar á da avaliación global. En caso de detección de plaxio nalgún dos
traballos/probas realizados, a cualificación final da materia será de
"suspenso (0)" e os profesores lle comunicarán á dirección da
escola o asunto para que tome as medidas oportunas. |