Estudo de casos |
O estudo e análise de solucións tecnolóxicas reais completa as presentacións de teoría. Esta actividade inclúe o estudo de diferentes alternativas, dispositivos ou sistemas comerciais, estimación de custo e consumo, impacto ambiental e definición de prestacións.
A través dos estudos de caso trabállanse as competencias C60, C61 e B12. |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Esta actividade céntrase en aplicar as técnicas descritas nas sesións de teoría e habilidades desenvolvidas no laboratorio á realización dun proxecto. Estas sesións realízanse nun laboratorio con equipamento especializado. Os/as estudantes deben chegar a solucións ben fundamentadas, escollendo os métodos e dispositivos máis adecuados. Estes proxectos planifícanse e titorizan en grupos de tamaño reducido.
Nos proxectos trabállanse fundamentalmente as competencias B9, B12, B14 e D4. |
Presentación |
O proxecto desenvolvido polos/as alumnos/as debe ser presentado de forma oral por cada participante.
Mediante as presentacións orais trabállanse as competencias B9 e B12. |