Aprendizaxe baseado en proxectos |
O profesorado realizará un seguimento personalizado de cada proposta traballada nas sesións C, co fin de corrixir deficiencias e orientar as decisións de deseño para que estas sexan as correctas á hora de afrontar a súa implantación.
O alumnado poderá consultar e solicitar tutorías a través da plataforma Moovi (https://moovi.uvigo.gal/). |
|
Prácticas con apoio das TIC |
A atención individualizada articularase co seguimento do traballo de cada estudante, monitorizando as solucións que propón para cada problema exposto nas prácticas das sesións B.
O alumnado poderá consultar e solicitar tutorías a través da plataforma Moovi (https://moovi.uvigo.gal/). |
|