Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método recomendado e ao redor do cal se organizan as actividades docentes e unha opción de AVALIACIÓN GLOBAL, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado. Tipos e valoración de seccións: * Sesións maxistrais. Valoración individual (Peso: 60%) * Prácticas en aulas de informática. Valoración individual (Peso: 15%) * Prácticas de laboratorio. Valoración individual (peso: 25%) AVALIACIÓN CONTINUAConsiderase que alguén segue o procedemento de avaliación continua cando se presente a algún exame despóis do primeiro mes de curso. De elixirse seguir a avaliación continua, a calificación final non poderá ser non presentado A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía. * Probas de resposta curta e problemas de sesións maxistrais. * Prácticas en aulas de informática. A súa avaliación divídese entre a asistencia ás prácticas e o exame de preguntas obxectivas * Prácticas de laboratorio. A súa avaliación divídese entre a asistencia ás prácticas e o exame sobre os exercicios das prácticas de laboratorio. Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir conxuntamente estas dúas condicións: 1) Obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), no conxunto das actividades de cada tipo. 2) Obter unha nota global, calculada como a suma das puntuacións das actividades ponderadas polo peso correspondiente, igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10). No caso de se cumprir soamente a condición 2) e non a condición 1), a nota global da asignatura será 4,9. As prácticas e exames en avaliación continua non son recuperables Os exames en evaluación continua só son válidos para a avaliación continua en oportunidade ordinaria. AVALIACIÓN GLOBALQuen non opte por avaliación continua será avaliado/a a través dun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final incluirá os contidos tratados en todas as actividades, de forma que se demostre que adquiriu as mesmas competencias que quen optasen pola avaliación continua. Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir conxuntamente estas dúas condicións: 1) Obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), en cada unha das distintas seccións nas que se divide o exame. 2) Obter unha nota global no exame igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10).
Convocatoria en oportunidade extraordinaria:Quen fose avaliada/o por Avaliación Continua pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame: * Conservar a calificación correspondiente á súa asistencia ás prácticas e realizar todos os exames da Avaliación Continua na data oficial asignada polo Centro. * Ser avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN GLOBAL. Quen NON fose avaliada/o por Avaliación Continua: * Será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN GLOBAL.
Convocatoria fin de carreira:En convocatoria fin de carreira, a/o alumna/o será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN GLOBAL. No caso de detección de plaxio en calquera das probas ou traballos, a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.
Outros comentarios
Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de intelixencia artificial xenerativa (IAG). O seu uso debe realizarse de forma ética, crítica e responsable. No caso de utilizar IAG, debe avaliarse de forma crítica calquera resultado que proporcione, e verificar de forma coidadosa calquera cita ou referencia xerada. Así mesmo, recoméndase declarar o uso das ferramentas utilizadas.
|