Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Videoxogos e realidade virtual
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Traballo de Fin de Grao/V05G301V01991

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Produción audiovisual CGI/V05G301V01420

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas de audio interactivo/V05G301V01331
 
Outros comentarios
Haberá sesións virtuais de traballo en grupo durante as mañás dos Mércores e dúas reunións presenciais, unha no Campus de Vigo e outra no Campus de Pontevedra. A Universidade proporcionará transporte gratuíto de ida e volta desde a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación ou a Facultade de Ciencias Sociais e a Comunicación, respectivamente. --------- Os grupos multidisciplinarios estarán formados por alumnos das tres materias seguintes: (1)Videoxogos: Deseño e desenvolvemento, 4º curso, Grao en Comunicación Audiovisual. (2)Videoxogos e realidade virtual, 4º curso, Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, módulo de Son e Imaxe. (3)Programación de sistemas intelixentes, 4º curso, Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, módulo de Telemática. A actividade está coordinada por profesores do Grupo de Innovación Docente: ComTecArt (Comunicación, Tecnoloxía e Arte en Contornas Virtuais). ---------------------------------- Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de intelixencia artificial xenerativa (IAX). O seu uso debe realizarse de forma ética, crítica e responsable. No caso de utilizar IAX, debe avaliarse de forma crítica calquera resultado que proporcione, e verificar de forma coidadosa calquera cita ou referencia xerada. Así mesmo, recoméndase declarar o uso das ferramentas utilizadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000