Déixase á discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e avaliación global. A avaliación continua consistirá na realización dun exame final (40% da cualificación), o desenvolvemento de prácticas e proxectos (30% da cualificación) e na entrega ao longo do curso e nos prazos establecidos de exercicios resoltos (30%). A avaliación única consistirá na realización dun exame final escrito (70% da cualificación) e no desenvolvemento de prácticas e proxectos (30%). As probas escritas das modalidades de avaliación global e continua non serán necesariamente iguais. Os alumnos poderán optar por unha ou outra modalidade de avaliación ata a data do exame escrito do curso. Quen non supere a materia na convocatoria ordinaria dispón dunha segunda oportunidade extraordinaria ao final do curso na que se reevaluarán os seus coñecementos cunha proba escrita. A cualificación das probas só surtirá efecto no curso académico en que se obteñan, con independencia do itinerario de avaliación escollido.
No caso de detección de plaxio ou utilización xeneralizada de ferramentas de IA nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da asignatura será de suspenso (0) e os profesores comunicarán a dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas. Asemade, os profesores comunicarán a dirección da escola cualquera conducta contraria a ética por parte dos alumnos, existindo a posibilidade de que aquela tome as medidas oportunas. |