O propósito principal desta materia é que o estudante adquira os coñecementos necesarios acerca dos principios físicos e as técnicas que se utilizan nos sensores electrónicos de última xeración. Os contidos principais ordénanse da seguinte forma:
+ Sensores de fibra óptica.
+ Sensores microelectromecánicos (MEMS).
+ Sensores de imaxe.
+ Sensores de onda acústica.
+ Detectores de radiación ionizante
A documentación da materia estará en inglés. A materia impartirase en castelán e galego, e será avaliada en castelán.