A nota da materia será a suma das notas correspondentes ás distintas tarefas da materia. A nota global dos exercicios teóricos debe ser maior ou igual que 5 sobre 10 para poder aprobar a materia. A nota do traballo práctico autónomo debe ser maior ou igual que 5 sobre 10 para poder aprobar a materia. Ofrecerase ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global. Todo o estudantado, tanto os que sigan a materia de forma continua como os que queiran optar pola avaliación global (oportunidade ordinaria ou extraordinaria ou convocatoria de fin de carreira), deberán realizar as tarefas descritas no apartado anterior. O alumnado que non asista a clase regularmente deberá realizar as mesmas tarefas que os alumnos asistentes a clase. A cualificación final expresarase de forma numérica entre 0 e 10. AVALIACIÓN CONTINUA EN OPORTUNIDADE ORDINARIA O feito de realizar 2 prácticas de laboratorio ou 2 boletíns de exercicios teóricos supón que o/a estudante opta pola avaliación continua. Con todo, poderase renunciar á avaliación continua e optar pola avaliación global, previa solicitude por escrito ao coordinador da materia, no prazo dun mes dende o inicio do cuadrimestre. As persoas que opten por avaliación continua, pero non aproben a materia mediante esta modalidade, deberán realizar a avaliación completa na avaliación global (oportunidade extraordinaria). As persoas que aproben a materia mediante avaliación continua non poderán repetir de novo na avaliación global ningunha tarefa co obxectivo de subir a nota. As distintas tarefas deben entregarse na data especificada polo profesor. Se non é así, non serán cualificadas para a avaliación continua. O estudantado realizará os exercicios teóricos e as prácticas de laboratorio de
forma individual. Os traballos de laboratorio realizaranse en grupos de 2 estudantes durante a avaliación continua, mais avaliarase ao estudantado
individualmente, para o cal pedirase aos alumnos/as na exposición oral que
indiquen qué parte do traballo realizaron cada quén. Quen siga a materia de forma continua, pode faltar como máximo a 2 sesións. Se faltou a máis de 2 sesións, será obrigatorio realizar un traballo individual adicional ou un exame. AVALIACIÓN GLOBAL (oportunidade ordinaria ou extraordinaria) E CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA O estudantado que opte pola avaliación global ou a convocatoria fin de carreira deberá realizar todas as tarefas teóricas e prácticas e os traballos individualmente. A entrega das tarefas para a avaliación global debe realizarse antes da data oficial do exame establecida polo centro. CUALIFICACIÓN FINAL DA MATERIA En caso de superar os exercicios teóricos (ET) e o traballo autónomo (TA), é dicir, que a nota de cada parte >= 5, a cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas de cada parte da materia: NF = 0,40 * ET + 0,10 * PL + 0,40 * TA + 0,10 * PO sendo: ET = Nota conxunta dos exercicios e problemas teóricos. PL = Prácticas de Laboratorio. TA = Traballo Autónomo práctico. PO = Presentación Oral. O estudantado cuxa nota final sexa maior o igual que 5 pero non superaran a
nota mínima dunha ou as dúas probas mencionadas (nota dalgunha proba
< 5), terán unha cualificación final (NF) de 4,9. Exercicios e problemas teóricos Avaliarase cada un dos exercicios e problemas expostos nas sesións de teoría. Cada exercicio puntuarase sobre 10. Logo ponderarase a súa influencia na nota total da materia en función do número de exercicios asignado. A maioría dos exercicios consistirán no deseño de modelos non sintetizables e circuítos sintetizables en VHDL. Será necesario entregar os ficheiros que se indican nos enunciados de cada exercicio teórico. A nota total será a suma das notas de cada un dos boletíns de exercicios dividida polo número de boletíns: ET = (Boletín 1 + ... + Boletín N) / N O número estimado de boletíns é de 10. No caso de detección de copia en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o
feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |