Aprendizaxe baseado en proxectos |
Aprendizaxe baseada en problemas (ABP): Resolución de problemas de deseño de modelos non sintetizables e circuítos sintetizables en VHDL expostos polo profesor. Para resolvelos, o alumno debe desenvolver previamente determinadas competencias.
Con esta metodoloxía desenvólvense as competencias B9, B13 y C62. |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Ensinanza baseada en proxectos de aprendizaxe: Proponse aos estudantes realizar un proxecto para deseñar un sistema dixital en VHDL para resolver un problema que plantexa o profesor mediante a planificación, o deseño e a realización das actividades necesarias.
O desenvolvemento dos proxectos realizarase en horas de laboratorio tipo B.
Ademais, estarán dispoñibles grupos pequenos en horas tipo C que permitan facer o seguimento
dos proxectos a desenvolver na materia.
Actividades a desenvolver nos grupos C:
Análise e debate sobre o foco dos proxectos a realizar. Alternativas de deseño.
Análise e seguimento da solución proposta.
Demostración do funcionamento dos sistemas deseñados. Análise e debate de resultados.
Con esta metodoloxía desenvólvense as competencias B1, B9, B13, D4 e C62. |
Actividades introdutorias |
Introdución aos diferentes temas clave da materia tanto na súa compoñente teórica como práctica.
Con esta metodoloxía desenvólvense as competencias B13 y C62. |