O obxectivo xeral do curso é que os alumnos adquiran unha visión global das novas tecnoloxías na área dos servizos telemáticos. Así, o contido deste curso será aberto e tentarase adaptar gradualmente á evolución tecnolóxica e ós ámbitos máis activos das novas tecnoloxías.
A materia impartirase en español e os contidos estarán dispoñibles en inglés.