Acústica Arquitectónica, desenvolve os principios teóricos fundamentais da acústica arquitectónica, tanto no campo da acústica de salas como do illamento acústico. Os obxectivos da asignatura son: proporcionar unha base teórica suficiente que permitan comprender o comportamento do son en salas; definir e comprender os parámetros que permiten evaluar a calidade acústica de salas; desenvolver as técnicas de deseño que permiten optimizar o comportamento acústico de salas; detallar os parámetros que permiten evaluar o illamento acústico en edificación e introducir a problemática do cálculo do illamento acústico na edificación.
Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado:
a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés,
b) atender as titorías en inglés,
c) probas e avaliacións en inglés.