Relaciónanse conceptos de sistemas vibratorios coa ecuación de onda acústica, ademais de profundarse en
aspectos de radiación e propagación. Ademais trátanse os mecanismos de transducción
acústico-mecánico-eléctrica para estudar en detalle o comportamento e deseño de altofalantes e micrófonos.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.