No caso de que a docencia sexa exclusivamente non presencial, a planificación será a seguinte:
- Docencia de Grupos A: Ensinarase o mesmo contido que no caso presencial.
- Docencia de Grupos B: As prácticas hardware de laboratorio substituiranse por explicacións teóricas detalladas, nunha modalidade non presencial, sobre as prácticas.
- Avaliación: A avaliación será non presencial. Substituirase a realización de dúas probas de resposta curta relacionadas coas prácticas hardware de laboratorio por unha única proba oral (15%), e a proba de resposta longa terá agora un peso do 60%. A realización de proxectos seguirá tendo un peso do 25%, polo que a avaliación intermedia realizada ao longo do semestre terá agora un peso do 40% (isto inclúe os proxectos e a proba oral sobre o laboratorio). |