Os obxectivos básicos da materia son os seguintes:
- Aplicar criterios de optimización para a realización de esquemas de estimación e sincronización en receptores dixitáis de comunicacións.
- Diferenciar os bloques e as funcionalidades dun sistema de transmisión de datos completo.
- Utilizar o procesado dixital de sinais para transmitir e recibir formas de onda analóxicas.
- Aplicar os mecanismos básicos de redución do impacto de ruído nun sistema de comunicacións.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.