Resolución de problemas |
Nas horas de tipo A discutiranse as dúbidas remanentes tras a publicación das solucións aos boletíns de problemas propostos.
Ademáis, plantexaranse 3 exercicios, algún(s) dos cales será(n) para resolver nas horas de tipo A e outro(s) será(n) para completar fora do horario de clase; estes exercicios terán a condition de probas de avaliación intermedias e todos eles resolveranse de forma individual.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias: B3, B4, B11, C26. |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Nas horas tipo C suscitaranse proxectos prácticos nos que se desenvolverá un sistema de comunicacións dixitais que deberá demostrar o seu bo funcionamento na aplicación proposta. Os proxectos realizaranse en grupos pequenos. Todos os integrantes do grupo deben comprender o funcionamento de todos os bloques do sistema completo que se entregará ao final do cuatrimestre.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias: B3, B4, B11, C26, D2, D3.
Software empregado: Matlab. |
Prácticas de laboratorio |
Nas horas tipo B realizaranse prácticas que conduzan á creación dun receptor de software radio que inclúa todas as funcionalidades básicas estudadas na asignatura. Levaranse a cabo en grupos pequenos.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias: B4, B11, C26.
Software empregado: Matlab. |