O propósito principal desta materia é formar ó estudante no deseño e na caracterización dos sistemas de instrumentación electrónica, e as diferentes alternativas de sensores que presentan sinais analóxicos e dixitais á entrada dos devanditos sistemas de instrumentación. Os contidos principais ordénanse da seguinte forma:
+ Análise dos principais parámetros que caracterizan o comportamento dos sensores.
+ Principios físicos fundamentais que interveñen na comprensión dos diversos tipos de sensores.
+ Aplicacións máis relevantes dos sensores nos diferentes ámbitos da instrumentación electrónica.
+ Arquitecturas da instrumentación electrónica, desde as configuracións máis sinxelas punto a punto, ata as máis complexas en grandes sistemas distribuídos, e introdúcense as normas internacionais.
+ Deseño da instrumentación programable, analizando os buses GPIB, VXI e PXI.
+ Clasificación de arquitecturas para a instrumentación electrónica en diferentes ámbitos de aplicación. Introdúcense as normas de buses de campo tanto cableados coma inarámicos.
A documentación desta materia estará en castelán. A materia impartirase en galego e en castelán. Avaliarase en castelán.