1. Avaliación continua en oportunidade ordinariaSeguindo as
directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica,
ofrecerase ao alumnado que curse esta materia un sistema de avaliación
continua. Considérase que todo o alumnado está en avaliación continua por defecto. O
alumnado que opte por avaliación global deberá notificalo
por escrito ao coordinador da materia no prazo dun mes dende o inicio do
cuadrimestre. A materia
divídese en tres partes: teoría (50%), práctica (30%) e traballo tutelado
(20%). As cualificacións das tarefas avaliables non son recuperables e serán
válidas só para o curso académico no que se realicen. No caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. 1.a TeoríaRealizaranse 3
probas parciais de teoría debidamente programadas ao longo do curso. As tres
probas parciais (PT1, PT2 e PT3) realizaranse no horario de teoría ao finalizar
o tema 4, o tema 5 e o tema 7. O
primeiro parcial comprende os temas do 1 ao 4, o segundo o tema 5 e o terceiro
os temas 6 e 7. Cada proba
parcial terá unha duración aproximada de 60 minutos e constará dunha serie de
preguntas de resposta curta e/ou tipo test e de resolución de exercicios que se
valorarán de 0 a 10. Para superar a parte de teoría será necesario obter polo
menos un 4 sobre 10 en cada unha delas. A nota final de teoría (NFT) será a
media das notas de cada parcial: NFT= (PT1 + PT2 +
PT3) / 3 1.b Práctica Realizaranse 7
sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 persoas, sempre
que sexa posible. A primeira sesión de prácticas é obrigatoria pero non é cualificable. O resto das sesións (prácticas 1 a 6) cualificaranse mediante a
avaliación continua. O profesorado terá en conta as tarefas previas realizadas
por cada persoa e o traballo no laboratorio, así como o seu comportamento no posto. Cada unha das 6 prácticas avaliarase unicamente o día da
práctica. Cada práctica
terá varios apartados e valorarase de 0 a 10, de maneira que a realización de
tódolos apartados suporá a consecución da máxima nota de práctica (NP). A nota
das prácticas ás que falte será de 0. A nota final de prácticas (NFP) será a
media aritmética das notas das 6 prácticas. NFP = (NP1 + NP2 +
NP3 + NP4 + NP5 + NP6) / 6 1.c Traballo tuteladoNa primeira
reunión de grupo reducido presentaranse as actividades a realizar e asignaranse
os traballos a cada grupo de 2 persoas, sempre que sexa posible. Para avaliar o
traballo teranse en conta os resultados obtidos, a presentación e análise dos
mesmos e a calidade da memoria final do traballo. O traballo tutelado
valorarase de 0 a 10 puntos (NTT). 1.d Nota final da materiaNa nota final
(NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 50%, a nota de prácticas (NFP) do
30% e a nota do traballo tutelado (NTT) do 20%. Se se supera a parte de teoría (PT1>=4, PT2>=4, PT3>=4 e NFT>=5), a parte práctica (NFP >= 5) e o traballo tutelado (NTT >=5) a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte: NF = 0,5·NFT +
0,3·NFP + 0,2·NTT. No caso de non
ter superado a parte de teoría (PT1 < 4, PT2 < 4, PT3 < 4 ou
NFT < 5), a parte práctica (NFP < 5) ou o traballo tutelado (NTT < 5), a nota final será o mínimo de 4,9 e a suma ponderada: NF = min{4,9 ;
(0,5·NFT + 0,3·NFP + 0,2·NTT)}. Para aprobar a
materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final
(NF>=5). Ao alumnado en avaliación continua que entregue tódalas probas, se non aproba a materia en avaliación continua, conservaráselle a nota da parte da materia (teoría, practica e traballo tutelado) na que sacase o mínimo esixido, só ata a oportunidade extraordinaria dese mesmo curso académico. 2. Avaliación global (en oportunidade ordinaria e extraordinaria) e convocatoria de fin de carreiraO alumnado que
non opte pola avaliación continua deberá realizar un exame teórico, un exame práctico e un traballo tutelado. Así, nas datas establecidas pola dirección
da Escola para a realización do exame final, o alumnado que non opte pola
avaliación continua deberá realizar unha proba teórica e unha proba práctica. O traballo tutelado, asignado con antelación, deberá entregarse na mesma data do exame final. O exame final
de teoría constará de tres partes (PT1, PT2 e PT3) que se corresponden co
primeiro parcial (temas do 1 ao 4), o segundo parcial (tema 5) e o terceiro
parcial (temas 6 e 7). Cada parcial terá una duración aproximada de 60 minutos
e constará dunha serie de preguntas de resposta corta e/ou tipo test e de
resolución de exercicios que se valorarán de 0 a 10. Para superar a parte de
teoría será necesario obter a lo menos un 4 sobre 10 en cada unha de elas. A
nota final de teoría (NFT) será a media das notas de cada parcial: NFT = (PT1 + PT2 +
PT3) / 3 O exame
práctico consistirá na resolución de exercicios prácticos no laboratorio,
similares aos realizados nas prácticas durante o cuadrimestre. A proba práctica
valorarase de 0 a 10 e a nota final de prácticas (NFP) será a cualificación
obtida. Para poder presentarse ao exame final de prácticas é obrigatorio
poñerse en contacto co profesorado da materia a lo menos dúas semanas antes do
exame. Desta forma facilítase a planificación das quendas de exame de
laboratorio. Si se supera a parte de teoría (PT1>=4, PT2>=4,
PT3>=4 e NFT>=5), a parte práctica (NFP >=5) e o traballo tutelado (NTT >= 5) a cualificación final será a suma ponderada
das notas de cada parte: NF = 0,5·NFT +
0,3·NFP + 0,2·NTT. No caso de non
ter superado a parte de teoría (PT1 < 4, PT2 < 4, PT3 < 4 ou NFT < 5), a parte práctica (NFP < 5) ou o traballo tutelado (NTT < 5) a
nota final será o mínimo de 4,9 e a suma ponderada: NF = min{4,9 ;
(0,5·NFT + 0,3·NFP + 0,2·NTT)}. Para aprobar a
materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final
(NF >= 5). |