Se é preciso que a docencia sexa exclusivamente non presencial, a materia manterá a planificación proposta con algún pequeno axuste. As leccións maxistrais (grupos A) seguirán impartíndose a través do Campus Remoto no horario establecido mentres que as prácticas con apoio das TIC (grupos B) adaptaranse convenientemente para que poidan ser realizadas polos estudantes directamente nos seus computadores persoais en vez de facelas no laboratorio.
En canto á avaliación, manteranse as mesmas probas coa mesma ponderación. O proxecto da centralita IP será a única proba na que se modificará a forma de avaliar, pois pasará a avaliarse de forma individual mediante a realización de dúas tarefas ao longo do curso (30% da cualificación do proxecto cada unha delas) e dun cuestionario ao remate do cuadrimestre (40% da cualificación do proxecto). |