Aprendizaxe baseado en proxectos |
Realización en grupo, presentación e defensa da resolución dun problema característico do mundo real, aplicando tanto os coñecementos teóricos adquiridos como manexando, no seu caso, as ferramentas informáticas empregadas nas clases prácticas. |
20 |
|
|
C28 C31
|
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Exame sobre parte dos contidos da materia. Cuestións e problemas de carácter conceptual, lóxico, analítico ou aplicado. Exercicio escrito de hora e media de duración. |
40 |
|
B5
|
C28 C31
|
|
Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación
alternativos na materia: avaliación continua e avaliación global. A selección de avaliación continua implica realizar un test curto (15 minutos) non puntuable de coñecementos básicos, a realizar nas dúas primeras semanas de clase. A avaliación continua consistirá, ademais da realización do test curto non puntuable, no desenvolvemento
en grupo dun proxecto e no individual de dous exames parciais (40% dla calificación global cada un deles). A nota individual no proxecto dependerá tanto da cualificación conxunta
da memoria do mesmo como de entrevistas persoais (concertadas a partir
da entrega) ós membros do grupo. A
cualificación do proxecto e dos exames parciais só fornece efectos
no curso en que se realicen,
incluíndo a convocatoria extraordinaria ó final do curso. En calquera
caso, a cualificación na materia por avaliación
continua (unha vez que se cumpra o requisito previo do principio do
parágrafo) virá dada por: ben nota_1 = 0'2 x proxecto + 0'4 x parcial_1 + 0'4 x parcial_2) sempre que ámbalas dúas calificacións dos parciais superen o 2'5, ben suspenso dado por nota_2 = mínimo(4'9, nota_1). A avaliación global (única opción en convocatoria fin de carreira) consistirá nun exame escrito sobre os
contidos da materia. A cualificación final da materia será,
neste caso, a nota obtida no exame. Este incluirá (avaliación global) unha cuestión ou varias sobre o uso das ferramentas informáticas presentadas no laboratorio, avaliando así unha capacitación mínima na competencia CE28/TEL2. Consideraranse
presentados á avaliación todos os alumnos que asistan ben a ambolos dous parciais bem ó exame final. Selecciónase o modo de avaliación global ben ó non entregar o proxecto ben ó presentarse ó exame final. Quen non superen a materia na convocatoria ordinaria ó final do cuadrimestre dispoñen dunha convocatoria extraordinaria ó final do curso, similar á primeira. |