No caso de que a docencia non sexa presencial, manteranse tanto os contidos como a planificación da materia tanto para os grupos A como os grupos B, pero as clases se levarán a cabo de forma virtual.
Os contidos avaliables da materia están completamente cubertos polo libro que se emprega como fonte bibliográfica fundamental da materia. Os alumnos dispoñen desde o comezo de curso dunha guía para cada tema que lles indica os apartados do libro que cobren devanditos contidos, polo que a combinación das guías e o libro garanten ao estudante que dispoña do material necesario para a súa organización e aprendizaxe autónoma.
O sistema de avaliación tampouco sufrirá cambios. A única excepción daríase si as tarefas e exames non se poideran realizar presencialmente. Nese caso o único cambio que se introduciría sería que nos exames de problemas permitiríase o uso de libros e calculadora.
|