Oportunidade ordinaria: Avaliación continua: A nota final obtense mediante redondeo simétrico a 1 decimal N = Round (M, 1) da cantidade M calculada pola fórmula: M = (2 x (E1 + E2 + E3) + 4 x EF ) / 10 onde E1, E2 y E3 son as notas, entre 0 e 10, obtidas nas tres probas de avaliación continua e onde EF é a nota, entre 0 e 10, obtida no exame final. Antes da realización ou entrega de cada proba ou tarefa indicarase a data e procedemento de revisión das probas corrixidas, cuxas notas serán dadas a coñecer nun prazo razoable de tempo. As probas non son recuperables: se alguén non se presentara para realizar unha proba na data estipulada, o profesor non ten a obriga de repetirlla. A calificación obtida nas probas de avaliación continua será válida tan só para o curso académico no que se realicen. Considerarase que un o unha estudante optou por seguir a avaliación continua se realiza o segundo exame, é dicir, o dos temas 3 e 4. Avaliación global: Quen non opte pola avaliación continua poderase presentar a un exame dos temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6, onde será cualificado nunha escala de 0 a 10 puntos. Oportunidade extraordinaria: Quen ao término do cuadrimestre non acade a cualificación de aprobado terá opción de realizar un segundo exame final na data e hora publicadas pola Escola no calendario de exames, o cal cubrirá os temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6, onde será cualificado nuha escala de 0 cero a dez puntos. Observación: Durante o periodo de corrección de exames o alumnado poderá ser contactados por teléfono ou telemáticamente polo profesorado para aclarar aspectos das súas respostas; nese caso, tales repostas poden ter un impacto na nota do examen. Cualificación de "No Presentado": Na oportunidade ordinaria obterá a cualificación de "No Presentado" quen non opte pola avaliación continua e non se teña presentado ó exame final. Na oportunidade extraordinaria obterá a cualificación de "No Presentado" quen teña "No presentado" na oportunidade ordinaria e non se teña presentado ó segundo exame final. Convocatoria de Fin de Carreira: Quen se presente á Convocatoria de Fin de Carreira realizará un exame de tódolos os temas da materia, onde será cualificado nunha escala de 0 a 10 puntos. Comportamento Ético: Espérase que tódo o estudantado un comportamento ético en tódalas probas de avaliación, as cales deben reflectir verazmente os coñecementos e preparación reais obtidos polo alumnado. No caso de que se detecte unha infración de dito comportamento ético nunha proba particular, a puntuación nesa proba será automaticamente de cero (0) e se emitirá informe á Dirección da Escola. Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender ás titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés. |