O obxectivo desta materia é que o alumno se achegue ao Deseño e Desenvolvemento de Produto desde o punto de vista da Enxeñería en Deseño Industrial e tamén saiba aplicalo ao Deseño e Desenvolvemento de Produto desde o punto de vista da fabricación aditiva.
O alumno achegarase aos Proxectos de Deseño Industrial coñecendo a metodoloxía de desenvolvemento dos mesmos. Realizarán proxectos prácticos de creación de novos conceptos de produto e como condicionante de deseño aplicarase a fabricación aditiva. Finalmente, preténdese a adquisición de competencias para a simulación mediante elementos finitos dos sistemas estruturais obtidos mediante fabricación aditiva.