Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
 Materias
  Deseño e desenvolvemento do produto
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Deseño avanzado para impresión 3D/V04M196V01204


 
Outros comentarios
As comunicacións cos estudantes faranse a través da Plataforma de teledocencia MOOVI, polo que é necesario que o estudante acceda ao espazo da materia na plataforma previamente ao comezo da docencia. Antes da realización das probas de avaliación, recoméndase consultar a Plataforma MOOVI para confirmar a data, lugar, recomendacións, etc., así como a necesidade de dispor de normativa, manuais ou calquera outro material para a realización dos exames e resolución de traballos non presenciais. Recomendacións sobre sostibilidade e medio ambiente: -Trataremos de transmitir ao alumnado a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade para que os apliquen non só na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais. -Para contribuír á consecución dunha contorna sustentable inmediata, a entrega dos traballos documentais realizados nesta materia: Solicitaranse en formato virtual e/ou en soporte informático Farase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos Se é necesario facelos en papel: Non se utilizarán plásticos Farase impresión a dobre cara. Utilizarase papel reciclado. Evitarase a impresión de borradores Hai que facer un uso sostible dos recursos e evitar os impactos negativos sobre o medio natural. Recomendacións en materia de igualdade de xénero e respecto á diversidade -Tal e como se recolle nas distintas normativas aplicables á docencia universitaria, nesta materia deberá incorporarse a perspectiva de xénero (utilizarase unha linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autores de ambos sexos, fomentarase a intervención nas clases de alumnos e alumnas, ...). -Traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e incidirase no entorno para modificalos e promover valores de respecto e igualdade. -Detectaranse situacións de discriminación de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. -Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psicolóxicas ou socioculturais experimente dificultades para ter un acceso ideal, igualitario e beneficioso á vida universitaria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000