As comunicacións cos estudantes faranse a través da Plataforma de teledocencia MOOVI, polo que é necesario que o estudante acceda ao espazo da materia na plataforma previamente ao comezo da docencia.
Antes da realización das probas de avaliación, recoméndase consultar a Plataforma MOOVI para confirmar a data, lugar, recomendacións, etc., así como a necesidade de dispor de normativa, manuais ou calquera outro material para a realización dos exames e resolución de traballos non presenciais.
Recomendacións sobre sostibilidade e medio ambiente:
-Trataremos de transmitir ao alumnado a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade para que os apliquen non só na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.
-Para contribuír á consecución dunha contorna sustentable inmediata, a entrega dos traballos documentais realizados nesta materia:
Solicitaranse en formato virtual e/ou en soporte informático
Farase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
Se é necesario facelos en papel:
Non se utilizarán plásticos
Farase impresión a dobre cara.
Utilizarase papel reciclado.
Evitarase a impresión de borradores
Hai que facer un uso sostible dos recursos e evitar os impactos negativos sobre o medio natural.
Recomendacións en materia de igualdade de xénero e respecto á diversidade
-Tal e como se recolle nas distintas normativas aplicables á docencia universitaria, nesta materia deberá incorporarse a perspectiva de xénero (utilizarase unha linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autores de ambos sexos, fomentarase a intervención nas clases de alumnos e alumnas, ...).
-Traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e incidirase no entorno para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.
-Detectaranse situacións de discriminación de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
-Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psicolóxicas ou socioculturais experimente dificultades para ter un acceso ideal, igualitario e beneficioso á vida universitaria.
|