Actividades introdutorias |
O profesorado realiza a presentación do curso: contidos, organización, metodoloxías empregadas, cronograma e sistema de avaliación.
Préstase especial atención á descrición dos proxectos a desenvolver polo alumnado (Traballo tutelado) así como ao sistema de tutorías e apoio do que dispone o estudantado. |
Lección maxistral |
O profesorado presentará e explicará os contidos fundamentais da materia, fomentando a participación activa do alumnado. O material empregado nas presentacións estará a disposición do estudantado con anterioridade na plataforma Moovi. Poderán realizarse actividades manipulativas na aula.
|
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación práctica dos coñecementos adquiridos nas sesións teóricas. Desenvólvense en laboratorio con equipamento especializado e de acordo coas normas aplicables.
Nestas actividades, o profesorado guiará ao estudantado na utilización dos equipos e técnicas que deberá utilizar no desenvolvemento do proxecto que deberá realizar, como as tecnoloxías de FA, mecanizado e metroloxía; caracterización mecánica, térmica e microestructural
|
Traballo tutelado |
Este proxecto ou traballo tutelado supón a aplicación directa de todos os coñecementos adquiridos durante o curso.
O profesorado proporá diversos productos biomédicos ao alumnado para que cada un dos /das alumnos/alumnas (ou en grupos reducidos, dependendo do seu número), para que realicen o proceso completo de análise dos requisitos, deseño, selección do material adecuado, fabricación e caracterización. O alumnado contará cos medios do centro e o apoio do profesorado para a súa realización. |