Esta materia pretende:
- Dar a coñecer outras escalas frecuenciais/temporais que aparecen na práctica clínica.
- Proporcionar coñecementos sobre métodos de análises de sinais biomédicos ruidosas, curtas e/ou con mostraxe non equidistante, tanto en individuos como en poboacións.
- Contribuír á comprensión da importancia clínica, diagnóstica ou prognóstica, de parámetros extraídos de sinais biomédicos.
- Adestrar no uso de ferramentas informáticas para resolver problemas dos contidos da materia.