1. Convocatoria ordinaria
1.1 Avaliación continua Seguindo as directrices
propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase nesta materia un sistema de avaliación continua. As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan. A planificación das diferentes probas de avaliación estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. A avaliación continua está formada polas catro partes
seguintes: 1. Prácticas (35%), que se divide en: - Desenvolvemento das prácticas: realización das prácticas da materia. Só se permite faltar a unha sesión por causas xustificadas e deberase recuperar noutra quenda na medida das posibilidades horarias. A seu cualificación será de aptas ou non aptas.
- Informe das prácticas de laboratorio (35%).
2. Exames de aula (40%), que se divide de
forma orientativa en: - Preguntas obxectivas (20%).
- Cuestións e exercicios (20%).
3. Presentación (15%): presentaranse de forma oral os
resultados sobre o traballo dun tema concreto da materia. 4. Observación sistemática (10%). Terase
en conta, ademais dos aspectos mencionados na descrición, a
participación do
estudante
na
realización das actividades propostas para o seu traballo
autónomo e
a
participación nas
titorías. A nota final, que se puntúa sobre un máximo de 10
puntos, é a suma das notas de cada parte si se cumpren as seguintes
condicións: - Obter unha cualificación de apto nas prácticas de
laboratorio (asistencia polo menos a 2/3 das prácticas).
- Obter unha puntuación mínima do 40% no informe de prácticas, e nos exames de aula.
Si non se cumpre algún dos requisitos anteriores, a nota
final será a suma das notas de cada parte, pero limitada a unha nota máxima de 4,9 puntos. Quen non alcance unha puntuación mínima do
40% na avaliación do informe das prácticas terá un prazo para realizar as melloras oportunas ata a data oficial do exame da convocatoria ordinaria ou extraordinaria. Quen non alcance unha puntuación mínima do
40% nos exames poderán recuperalos nas probas da convocatoria ordinaria ou extraordinaria mantendo as porcentaxes da avaliación continua. Para aprobar, debe obterse unha puntuación total
igual ou superior ao 50% da nota máxima (5 puntos). As probas de preguntas obxectivas e de exercicios dividiranse en dúas sesións repartidas ao longo do período lectivo. A primeira coincidirá na metade do período de docencia e a segunda no exame final. 1.2 Avaliación global
Quen non opte pola avaliación continua terá que presentarse
a unha proba de avaliación global na que realizara dous exames similares aos da avaliación continua (preguntas
obxectivas e exercicios) e terá que realizar a presentación oral sobre unha das temáticas da materia a elixir entre dúas opcións, se previamente non solicitou a asignación do tema ao profesorado. Ademais, deberá obter unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio. Enténdese que a realización das prácticas é obrigatoria sexa cal for a convocatoria á que se presenten. Para aprobar deberá obter un mínimo do 40% en cada parte
e sumar en total, como mínimo, 5 puntos. 2. Convocatoria extraordinaria Nesta convocatoria a avaliación será como na convocatoria ordinaria. Será necesario superar as prácticas durante o curso académico.
3. Compromiso ético Espérase que o alumnado presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou outros), en calquera dos traballos/probas realzadas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |