Lección maxistral |
Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver. Trabállanse as competencias: A3, B3, B5, B6 e C4. |
Estudo de casos |
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Trabállanse as competencias: A3, B3, B5, B6 e C4. |
Seminario |
Actividade enfocada ao traballo sobre un tema específico, que permite afondar ou complementar os contidos da materia. Pódese empregar como complemento das clases teóricas. Trabállanse as competencias: A3, B3, B5, B6 e C4. |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas, e de adquisición de habilidades básicas e de procedementos, relacionadas coa materia obxecto de estudo. Estas prácticas realízanse en instalacións hospitalarias. As competencias que se traballan son: A3, B3, B5, B6 e C4. |