Código |
Descrición |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formar xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sen ambigüidades |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo |
B1 |
Capacidade de estructurar, analizar e sintetizar información para localizar problemas, mellora ou innovacións, identificar as súas causas/impacto, e propoñer e implantar acción con unha visión global e sostible |
B6 |
Capacidade para o liderado e a coordinación das persoas e os proxectos nun contexto de cadeas de suministro globais e sostibles |
C3 |
Coñecer e identificar os aspectos máis relevantes na xestión de persoas, desenvolvendo a capacidade para deseñar, innovar e implementar sistemas de xestión e participación de persoas dirixidas a mellorar a cadea de subministración |
D1 |
Ter capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |