Prácticum, Practicas externas e clínicas |
O/A estudante desenvolve as actividades nun contexto relacionado co exercicio da súa carreira profesional, durante un período determinado, realizando as funcións asignadas e previstas na proposta de prácticas.
Obxectivos:
- Reflexionar sobre a práctica profesional.
- Pór en práctica os coñecementos e habilidades nun ambiente profesional real.
Modalidade: Guiada.
Natureza: Práctica.
Escenario: Desenvólvense en espazos externos non académicos (empresas, institucións, centros tecnolóxicos, laboratorios, ...) de interese académico-profesional para o alumnado.
Grupos: Individual
Durante a actividade, o alumnado recollerá datos, realizará entrevistas persoais... en función da propia actividade e do que solicite o profesorado. Redactar un informe ou memoria das prácticas. |