Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, no análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral...
No debate avalíanse coñecementos, habilidades e actitudes.
Obxectivos: Avaliar as habilidades de pensamento superior (análise e síntese).
18
A3 A4
B1 B3 B4 B5
C33 C34
D1 D2 D3 D4
Traballo tutelado
Os/As estudantes, de maneira individual ou en grupo, realizan actividades, que poden ser:
- Traballos monográficos, procura de información en publicacións, bases de datos, artigos, libros... sobre un tema en concreto.
- Preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, conferencias, etc.
- Recensións sobre artigos científicos de actualidade.
- Proxectos (deseñar e e desenvolver proxectos).
Obxectivos:
- Adquirir e consolidar coñecementos
- Avaliar coñecementos.
- Desenvolver competencias e habilidades transversais
15
A1 A2 A4
B1 B4 B5 B7
C33 C34
D1 D2 D3
Exame de preguntas obxectivas
Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades (preferentemente catro) cunha redución por fallo de valor igual á porcentaxe de acerto (-0.25 ptos. no caso de catro posibles
respostas si o valor da pregunta fose 1 pto.).
O exame de preguntas obxectivas só avalía coñecementos. Non avalía habilidades nin actitudes. Avalía habilidades do pensamento
inferior. Avalía coñecementos, comprensión e aplicación.
20
A1 A2 A3
B2 B4
C33
Presentación
Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Na presentación avalíanse coñecementos, habilidades e actitudes.
Os obxectivos son avaliar as habilidades de pensamento superior (análise e síntese).
17
Observación sistemática
Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e
rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. É
posible valorar aprendizaxes e accións e como levan a cabo valorando a orde, precisión, a destreza, eficacia...O obxectivo é avaliar as habilidades de pensamento superior.
30
A1 A2 A3 A4
B1 B3 B7
C33 C34
D1 D2 D3 D4
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os/As estudantes que non superen a materia en formacion continua na convocatoria de primeira oportunidade, de cada curso académico, na que a distribución de pesos de avaliación é a anteriormente indicada, terán a posibilidade de presentarense a un exame de preguntas obxectivas, de valor o 100% da nota final, en sucesivas convocatorias que non sexan a de primeira oportunidade de cada curso académico.
Compromiso ético: Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados,...), considerarase que o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderase concluír que o alumnado non alcanzou as competencias necesarias para superar a materia. Espérase do alumnado un comportamento respectuoso, digno e de colaboración co sistema docente, profesorado, coordinación e persoal de admnistración e servizos do mestrado. Calquera cuestión debida á falta de comportamento ético e digno do alumnado poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia.