Xestión da Calidade, a Seguridade e o Medio Ambiente
Código
V04M141V01324
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OP
2
1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Fernández González, Arturo José
Correo-e
ajfdez@uvigo.es
Profesorado
Fernández González, Arturo José
Web
Descrición xeral
Esta materia ten os seguintes obxectivos:
Coñecer a evolución do concepto de calidade e da súa aplicación no terreo empresarial, asumindo o valor estratéxico da xestión da calidade na contorna empresarial actual.
Coñecer os diferentes modelos que poden servir ás empresas para implantar un sistema de xestión da calidade (SGC) e desenvolver o enfoque de calidade total.
Aprender a utilizar as ferramentas e técnicas que permiten desenvolver a actividade dunha empresa baixo a perspectiva da calidade e, finalmente, a incorporación da mellora continua na dinámica da empresa.
Valorar as vantaxes derivadas da xestión ambiental no desempeño da actividade empresarial e no desenvolvemento sustentable. Coñecer os diferentes referenciais que poden servir ás empresas para implantar un SGMA.
Valorar as vantaxes derivadas da xestión da seguridade e saúde no traballo no desempeño da actividade empresarial e coñecer os diferentes referenciais que poden servir ás empresas para implantar un SGSST.
Comprender os beneficios que poden derivarse da integración do tres sistemas estudados (SGC, SGMA e SGSST) baixo un mesmo marco de desenvolvemento.