A nota final da
materia obterase como media ponderada da nota de resolución de problemas e/ou
exercicios (A) e da nota de aprendizaxe baseada en Proxectos (B). Para aprobar
a materia é necesario obter un mínimo do 50% da nota máxima. Para poder facer a
media é necesario obter un mínimo do 40% da nota máxima en cada parte. Si non se alcanza
o limiar mínimo (40%) nalgunha das partes, a nota final da materia será de
suspenso e o valor numérico se calcula multiplicando por 0,59, a nota obtida
coa media ponderada (aclaración sobre o coeficiente: Este coeficiente obtense
de dividir 4,99 (máxima nota do suspenso) entre 8,2 (máxima nota da media aritmética
que se pode obter suspendendo a materia (nota de A->[3*0,4]=1,2; nota de B->7;
total=8,2) Na segunda
convocatoria non será necesario presentarse ás partes aprobadas. A avaliación do
alumando que teña que presentarse á segunda convocatoria do curso académico realizarase: - Con exame
final: Proba con preguntas de resposta curta. Avaliaranse os conceptos teóricos
e estudo de casos. - Presentación de
proxecto: Avaliarase o proxecto asignado, cos criterios descritos para a
primeira convocatoria. A nota final obterase
cos mesmos criterios especificados para o cálculo da nota da primeira
convocatoria. O alumnado de avaliación
non continua será cualificado por medio dun exame final de coñecementos teóricos
e resolución de problemas e un exame de Prácticas. O peso e os criterios de avaliación
son os mesmos que en avaliación continua. Compromiso ético:
Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de
detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, uso de aparellos electrónicos
non autorizados, e outros), considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a nota global no presente curso
académico será de suspenso (0.0) |