Convocatoria ordinaria por avaliación continuaA nota que pasará á acta [NAEC] será a suma ponderada das notas de prácticas e de autoavaliación NAEC = 0,3 * NP + 0,7 * NT Convocatoria ordinaria por avaliación globalSerá necesario presentarse a un exame teórico [NTEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEG], na data a acordar dependendo da disponibilidade de laboratorios e non coincidencia con outros examenes do mesmo curso Cada un destes examenes avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Si se realíza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPEG] terá un valor de 0. A nota que pasará á acta [NAEG] será a media de ambos os examenes. É dicir: NAEG = ( NTEG + NPEG ) / 2 Convocatoria extraordinaria por avaliación continuaNesta convocatoria conservarase a nota de prácticas da convocatoria ordinaria, e será necesario presentarse ás partes dos bloques de autoavaliación que non superen a nota de 5 puntos. A nota de teoría [NTE] na convocatoria extraordinaria será a media das partes previamente aprobadas, e das partes ás que se presentou. A nota que pasará á acta [NAEEC] será a suma ponderada das notas de prácticas e de autoavaliación. NAEEC = 0,3 * NP + 0,7 * NTE Convocatoria extraordinaria por avaliación globalSerá necesario presentarse a un exame teórico [NTEEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEEG], na data a acordar dependendo da disponibilidade de laboratorios e non coincidencia con outros examenes do mesmo curso. Cada un destes examenes avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Si se realíza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPEEG] terá un valor de 0. A nota que pasará á acta [NAEEG] será a media de ambos os examenes. É dicir: NAEEG = ( NTEEG + NPEEG ) / 2 Convocatoria fin de carreiraSerá necesario presentarse a un exame teórico [NTFDC], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPFDC], na data a acordar dependendo da disponibilidade de laboratorios e non coincidencia con outros examenes do mesmo curso. Cada un destes examenes avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Si realízase o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPFDC]terá un valor de 0. A nota que pasará á acta [NAFDC] será a media de ambos os examenes. É dicir: NAFDC = ( NTFDC + NPFDC ) / 2 Compromiso éticoEspérase que quen curse a materia presente un comportamento ético correcto. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, uso de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) se considerá que non cumpre cos requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación no presente curso académico será de suspenso (0.0) e notificarase á dirección do centro para os efectos oportunos. |