Resolución de problemas e/ou exercicios |
Avaliación dos exercicios realizados durante as prácticas en aula informática e outros propostos para realizar de forma autónoma.
Resultados de aprendizaxe: avalíanse todos. |
40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B8
|
C2 C4 C10
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9
|
Emprégase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 do 5 de setembro, BOE do 18 de setembro). Ningunha proba de avaliación continua poderá superar a puntuación máxima legalmente establecida. Exame global: O alumnado que o solicite poderá ser avaliado cun único exame no que se poderán avaliar todos os contidos impartidos na materia. Establécese como data tope para solicitar a renuncia á avaliación continua 30 días naturais tras o inicio do curso. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). Calendario de exames: Esta información pódese consultar de forma actualizada no calendario do curso . |