No caso de que a asistencia presencial do alumnado ás clases estea legalmente limitada total ou parcialmente, adoptaranse as seguintes medidas:
1 Garantir que o alumnado matriculado teña disposición dos medios necesarios para o seguimento adecuado da docencia non presencial, que serán: computador persoal e acceso a internet. O alumnado que non dispoña dalgún deses medios deberá comunicalo ao coordinador da materia para solucionalo.
2 Emprégase a plataforma Faitic da materia para a comunicación ao alumnado das distintas medidas adoptadas.
3 Respecto a a presente guía docente, modifícase en caso de non presencialidade segundo:
A: Competencias: Non se modifican.
B: Resultados de aprendizaxe: Non se modifican.
C: Contidos: Non se modifican.
D: Planificación: Non se modifica.
E: Metodoloxías: Modifícanse segundo:
Lección maxistral e resolución de problemas: impartirase empregando medios telemáticos (aula virtual do Campus Remoto ou outros)
F: Atención personalizada: As sesións de tutorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros en FAITIC, Whatsapp ...) baixo a modalidade de concertación previa.
G: Avaliación: Non se modifica.
H: Bibliografía. Fontes de información: Aparte das referencias bibliográficas da presente guía, poderase facilitar documentación adicional (apuntamentos, vídeos, referencias web,…) para que o alumnado sen asistencia presencial poida seguir adecuadamente a materia.
A presente guía poderá ser modificada atendendo a resolucións reitorais ao respecto.
|