=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteñense todas as metodoloxías docentes.
A actividade docente impartirase de forma telemática e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia MOOVI como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de Moovi, ...) baixo a modalidade de concertación previa.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modificarán os contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se modificará a bibliografía.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
En caso de circunstancias excepcionais as probas de avaliación manteñense co mesmo peso que en condicións normais.
A realización das mesmas será por vía telemática.
|