Na convocatoria ordinaria os traballos suporán o 40% da nota final. Haberá dúas probas escritas; cada unha delas suporá o 30% da nota final. Para superar a materia será necesario que a nota ponderada sexa igual ou superior a 5 puntos sobre 10, e obter, alomenos, 3.5 puntos sobre 10 en cada unha das probas escritas.
Na convocatoria extraordinaria, se manterá a calificación dos traballos e só se repetirán as probas escritas que non haxan sido superadas. En cada unha destas probas será obrigatorio obter, alo menos, 3.5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Avaliación global: Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar, segundo o mecanismo estabrecido polo centro responsable, a ser avaliado cun exame final único que suporá o 100% da calificación. Neste caso, será necesario obter unha calificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Para optaren á avaliación global, o alumnado terá que solicitalo ao profesorado da materia enviando un correo electrónico ao efecto no prazo máximo dun mes dende o inicio das clases. En usencia de tal solicitude, se aplicará o sistema de avaliación continua anteriormente descrito.