Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas
 Materias
  Estatística espacial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Exercicios e actividades nos que o/a alumno/a amosará o seu nivel de comprensión dos contidos traballados nas clases expositivas. Deberán realizarse e entregarse no prazo que se estableza dentro do período de docencia presencial. 10 A3
A5
B1
C2
C4
C9
D1
Resolución de problemas Proba con exercicios prácticos sobre análise descritiva e modelado da dependencia no contexto espacial, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e que amosarán a capacidade desenvolvida polo/a estudante nas clases interactivas para afrontar este tipo de problemas. Esta proba realizarase nunha sesión de clase interactiva. 25 A2
B4
C5
C10
D2
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame do contido impartido nas clases expositivas, que permitirá establecer o dominio acadado polo/a alumno/a dos conceptos e técnicas estudadas. Este exame realizarase na data que se estableza no calendario oficial de exames. 40 A4
B1
C3
C5
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de resolución de problemas e exercicios prácticos sobre predición espacial, análise espazo-temporal, procesos puntuais e agregados, que o/a alumno/a deberá resolver utilizando o programa R e que amosarán a capacidade desenvolvida polo/a estudante nas clases interactivas para afrontar este tipo de problemas. Esta proba realizarase na data que se estableza no calendario oficial de exames. 25 A2
B3
B5
C8
D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para solicitar atención personalizada mediante titoría, o/a estudante deberá enviar unha mensaxe por correo electrónico ó/á docente, co asunto "Titoría". O/A docente indicarálle a  data e hora asignadas á tutoría solicitada tamén mediante unha mensaxe por correo electrónico.

Na plataforma web do máster facilitaráse información sobre os exames/probas de avalición e o contido desta materia. É responsabilidade de cada estudante acceder á referida información, así como recompilar toda aquela información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

O sistema de avaliación trata de determinar a capacitación do alumnado para comprender a metodoloxía e técnicas de análise de datos espaciais, así como resolver casos prácticos mediante o programa R. 

A) Primeira oportunidade: na primeira oportunidade de avaliación establécense dous sistemas de avaliación, continuo e global, que se describen a continuación. 

A.1) Avaliación continua (100%): o alumnado deberá realizar as actividades e probas que se indican a continuación: 

- Resolución autónoma de problemas (10%): exercicios e actividades sobre os contidos impartidos nas clases expositivas, que deberán realizarse deforma autónoma e entregarse no prazo establecido dentro do período lectivo presencial. 

- Resolución de problemas (25%): proba con exercicios prácticos de análise descritiva e modelización da dependencia no contexto espacial, que o/a alumno/a deberá resolver mediante o programa R e se desenvolverá nunha clase interactiva. Se o/a alumno/a non obtén nesta proba unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10, deberá repetir esta proba na data establecida no calendario oficial de exames desta convocatoria. 

- Exame de preguntas de desenvolvemento (40%): proba con preguntas sobre os contidos impartidos nas clases expositivas e que se realizará na data establecida no calendario oficial de exames desta convocatoria. 

- Resolución de problemas e/ou exercicios (25%): proba con exercicios prácticos de predición espacial e análise espazo-temporal, que o/a alumno/a deberá resolver mediante o programa R e terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames desta convocatoria. 

Para superar a materia por avaliación continua é necesario acadar unha cualificación final dun mínimo de 5 puntos sobre 10 e obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha das probas que deban realizarse na data de celebración da convocatoria. 

A.2) Avaliación global (100%): o alumnado deberá realizar as probas que se indican a continuación: 

- Exame de preguntas de desenvolvemento (50%): proba con preguntas sobre os contidos impartidos nas clases expositivas e que se realizará na data establecida no calendario oficial de exames desta convocatoria. 

- Resolución de problemas (50%): proba con exercicios prácticos de análise descritiva e modelización da dependencia no contexto espacial, predición espacial e análise espazo-temporal, que o alumno deberá resolver mediante o programa R e terá lugar na data establecida no o calendario oficialde exames desta convocatoria. 

Para superar a materia por avaliación global é necesario acadar unha cualificación final dun mínimo de 5 puntos sobre 10 e obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha das probas que deban realizarse na data de celebración da convocatoria oficial. 

B) Segunda oportunidade e fin de grao: Na segunda oportunidade e posteriores só se contempla a modalidade de avaliación global e seguiranse os mesmos criterios que na avaliación global da primeira oportunidade. 

C) Observacións sobre a avaliación: 

- En ambas as modalidades de avaliación, a docencia é presencial, polo que nas sesións de clase se facilitarán explicacións dos contidos e do material. 

- A cada estudante asignaráselle inicialmente a modalidade de avaliación continua na primeira oportunidade, aínda que pasará a asignárselle a modalidade de avaliación global no caso de que non se presente á proba práctica de resolución de exercicios, que se realizará nunha sesión de clase. 

- O sistema de cualificación dun/dunha estudante que sexa asignado/a á modalidade de avaliación global non terá en conta ningunha actividade de avaliación continua realizada polo alumno. 

- O/A estudante que non participe na avaliación continua nin na avaliación global figurará na acta como "non presentado/a". 

- Recoméndase que o alumnado teña en conta o Título VII (Da utilizaciónde medios ilícitos), do Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/). normativo/público/normativo/documento/downloadbyhash/4904ced4

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000